Cambre converte nun atractivo turístico os seus muros máis castigados
Facer das fachadas da vila un marco creativo onde as pintadas se convertan en arte co fin de embelecer as rúas de Cambre. É o obxectivo do Cromático Mural Fest que ata o vindeiro 1 de agosto enchen de cor e creatividade a vila.
Slim Sanfont é o primeiro de catro artistas que queren deixar a súa pegada nas paredes máis insulsas da localidade.
Casas que en Cambre se transforman en verdadeiros museos ao aire libre coas creacións destes artistas internacionais que recuperan a beleza desas zonas máis castigadas polas pintadas vandálicas.
Este ano, o festival quere implicar tamén os veciños de Cambre. Así que por primeira vez, neste engalanamento urbanístico, eles serán os encargados de elaborar un dos murais.
Nesta cuarta edición, o Cromático Mural Fest tamén quere converterse nun atractivo turístico. O vindeiro venres realizarase unha visita guiada en autobús polos distintos murais.