CRTVG

Buscar

Cambre celebra a primeira feira científica Open Science

Publicado o 16/09/2018 23:09

A ciencia seduciu centos persoas que durante a fin de semana pasaron por Cambre. O parque da igrexa da vila acolleu a primeira edición da Open Science, unha feira científica que reuniu estudantes e divulgadores procedentes de toda España e de Europa.

O lema era "Prohibido non tocar" e todos os asistentes cumpriron coa premisa: realizaron experimentos, participaron en talleres, resolveron retos científicos e xogaron coa lóxica. A feira reivindicou o libre acceso ás investigacións científicas e aos recursos educativos. A asitencia desbordou as previsións do club Xente de Ciencia, que organizou o evento coa colaboración de ex-alumnos do instituto David Buján. O concello de Cambre agarda que esta cita se consolide no calendario cultural da localidade.

Noticias web

16/09/2018