CRTVG

Buscar

Alfonso Diéguez: "Continuamos sen prestar atención cando compramos, somos impulsivos"

Publicado o 13/02/2020 10:00

Consumo prepara cambios na etiquetaxe dos produtos para facilitar que o consumidor poida facer unha compra máis clara. Algunha desas medias anunciadas pasarían por gravar impostos os produtos menos saudables e mellorar a etiquetaxe.

Alfonso Diéguez, xefe de Servizo do Instituto Galego de Consumo, asegurou no Bos días que os consumidores "continuamos sen prestar atención cando compramos, somos impulsivos e non verificamos etiquetado de produto".

"Hai que diferenciar entre a etiquetaxe obrigatoria, marcada por unha normativa europea, e ten que ter sempre a denominación real do produto, a lista de ingredentes en orde decrecente, e se nesa lista existe produto que xere alerxia ou intolerancia deben ir destacados sobre o resto. Tamén é obrigatorio que se destaque cantidade de ingredente que se destaca, e cantidade neta, e o país de orixe nos casos nos que poida inducir a erro ao consumidor ou tamén no caso das carnes. Ten que estar o nome da empresa responsable responsable, que non ten poque ser o lugar de orixe do produto. Tamén é obrigado o modo conservación e consumo e a data de caducidade", explicou.

E respecto á etiquetaxe nutricional, Alfonso Diéguez di: "Ten que vir cantidade de graxas saturadas, hidratos de carbono, sal, azucres e os valores enerxéticos, para saber exactamente que tipo de graxas leva, que cantidade, que consecuencia ten que ver no noso corpo".

"A normativa prohibe comercalización de produtos que induzan a erro, como o concepto caseiro, por exemplo, pero tamén light. Ante ese tipo de información, hai que consultar no propio establecemento ou dirixir escrito ao Instituto Galego de Consumo".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020