O BOE publica cambios na xestión das cotas de pesca
Os cambios que publica hoxe o BOE afectan cuestións que veñen sendo cabalo de batalla de, por exemplo, as frotas de arrastre e de cerco desde hai bastante tempo.
Por especies, as máis afectadas son o xurelo e a pescada, que son as de maior facturación en Galicia.
O ministerio di que os cambios teñen como obxecto aproveitar mellor as cotas e facilitar a aplicación da norma de descartes.
Entre as principais medidas, flexibilízase a posibiidade de facer intercambios de posibilidades de pesca entre armadores; se son temporais mesmo entre armadores de censos diferentes.
Logo tamén se fará unha reasignación de cotas a partir de cada un de outubropara intentar que non sobre cota de ningunha especie, como o propio Goberno recoñece queviña pasando.
Tamén se adoptan medidas para evitar que as hamadas especies de estragulamento obriguen a parar barcos que si teñen cota da súa especie obxectivo, un tema véllo vencellado á norma dos descartes e vital para a baixura.
E por outra banda, especificamente para o arrastre, váiselles deixar acceder ata a 30 barcos do Cantábrico noroeste e do golfo de Cádiz con cotas propias a augas portuguesas; na práctica, unha mellora no convenio cos veciños.
Son cuestións, algunhas moi técnicas e pesadas, pero os profesionais xa as popden consultar nas 32 páxinas que lles dedica o BOE deste xoves.