CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Cambios na próxima Festa da Vieira de Cambados para asegurarse a presenza do molusco

Publicado o 23/06/2018 13:14











Hai pouca vieira. Para as mesas, a hostalaría e as celebracións pode ser un problema pero imaxinen o que representa para os organizadores da Festa da Vieira de Cambados, que se ven obrigadas a buscar outro enfoque para que poida celebrarse.


Na localidade de Cambados celébrase cada ano a mediados de xullo a Festa da Vieira. Este ano, os organizadores do evento móstranse preocupados debido á pouca cantidade de molusco existente.
A empresa abastecedora está traballando en alternativas para facer posible que a festa se siga celebrando.

Na campaña que houbo este ano entre os meses de xaneiro e marzo, só puideron extraerse 62 toneladas de vieiras, unha das cifras máis baixas no que vai de século. Ante esta situación, as empresas que traballan comercializándoas teñen que facer fronte ao problema de compaxinar a demanda dos clientes habituais, coa que teñen cada mes de xullo para a festa.

As empresas organizadoras insisten en que a festa, declarada de Interese Turístico Autonómico, si terá lugar, e están traballando en alternativas que suplan a falta de produto.