CRTVG

Buscar

Esta noite atrasamos o reloxo unha hora para o horario invernal

Publicado o 26/10/2019 18:43

Esta madrugada toca cambio de hora: ás tres volverán ser as dúas.De novo atrasamos o reloxo para darlle a benvida ao horario de inverno, e canda el volve o debate sobre a utilidade da medida. Hoxe os expertos sácannos de dúbidas.

Esta madrugada entramos no horario de inverno polo que os reloxos atrasaranse unha hora. ás tres da mañá pasarán a marcar as dúas. Con este cambio, gañamos unha hora de noite e pérdemola de día. O domingo amencerá arredor das oito da mañá e o sol porárase algo antes das sete da tarde.

Jorge Mira Membro da Comisión de expertos para reformar a hora oficial explica, "se quedásemos sempre coa hora de verán en Galicia durante meses ao ano estaría amencendo entre as nove e a as dez da mañá e non é moi operativo. Pola contra se quedásemos co horario de inverno todo ano en Cataluña estaría amencendo catro meses ás cinco da mañá".

Inmaculada Rodríguez Cuervo Coordinadora xeral en Galicia de ARHOE apunta " Nós non podemos decidir cantas horas de luz temos pero si cal é o uso que facemos do reloxo, como aplicamos os nosos horarios laborais, escolares...".

A UE instaurou dous cambios horarios ao ano, co obxectivo de aforrar enerxía, un beneficio agora cuestionado. No 2021 poderíamos deixar de ter que facelo e cada estado escollería se queda coa hora de verán ou a de inverno. Para Inmaculada Rodríguez Cuervo Coordinadora xeral en Galicia de ARHOE "Estes dous cambios horarios ao longo do ano son absurdos baixo o noso punto de vista".

Pola contra Jorge Mira, membro da Comisión de expertos para reformar a hora oficial " espero que os gobernos, no Consello da Unión Europea paren esta tolemia e busquen un pouco de siso nesta tolemia porque eliminar o cambio de hora sería un verdadeiro erro".

Seis de cada dez españois quererían manter o horario de verán durante todo o ano, segundo unha enquisa do CIS.

Sexa como for, de momento... último domingo de marzo de 2020 volveremos cambiar a hora.

Noticias web

26/10/2019