CRTVG

Buscar

Cambio climático, migración ou a cuarta revolución industrial, os principais retos descritos na Toxa

Publicado o 04/10/2019 14:55

Hai incertezas. Aquí falaron esta mañá do Espazo Atlántico, ese espazo que defende as ideas de liberdade e democracia que tanto custou conseguir. Advirten os expertos da necesidade de seguir defendéndoas nun mundo cada vez máis global, ameazado polos totalitarismos. Falan dun tempo de cambio moi serio, con turbulencias en asuntos como o cambio climático, as migracións e a chamada cuarta revolución industrial. O impacto que vai ter na economía tamén se analiza. No caso de España, hai retos que, segundo din, precisan dun goberno estable canto antes para poder afrontalos.

Na era da intelixencia artificial, da dixitalización e das enerxías limpas, a cuarta revolución industrial pilla o mundo en desaceleración económica. España non é allea a ese escenario. Cunha dependencia importante do exterior, os economistas analizan na Toxa os retos.

 Íñigo Fernández de Mesa, presidente do Instituto de Estudos Económicos: "A economía española está saneada pero temos unha grandísima débeda pública, un déficit público importante, e temos que asegurarnos a xestión das pensións. Son retos importantes e para iso temos que asegurarnos un goberno estable de catro anos".

Un goberno que sume, din, na defensa das liberdades fronte aos totalitarismos. Alejandro Alvargonzález, ex-secretario xeral adxunto da OTAN: "Están xurdindo réximes totalitarios que usan as novas tecnoloxías para controlar a poboación. Por moi preparados que esteamos, se non estamos preparados para confrontar ese tipo de desafíos, todo iso pode quedar en auga de castañas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019