CRTVG

Buscar

Cambian as normas da ITV: ollo cos problemas co ABS e cos retrovisores

Publicado o 31/05/2021 14:46

A Dirección General de Tráfico fai cada ano unha revisión das normas de control das inspeccións de vehículos para ir introducindo actualizacións. As novas modificacións deste control de seguridade entran en vigor mañá. Afectarán, entre outras cousas, os coches con sistema ABS.

Carmen Fernández, voceira de SYC ITV Galicia: "A novidade é que o defecto para vehículos con ABS que non están obrigados a levalo pero que o teñen como opcional pasa de leve a grave para darlle máis peso a un elemento para a seguridade viaria como é un elemento de axuda na freada".

Tamén pasa a ser defecto grave algún fallo nos retrovisores. E hai novidades para os vehículos eléctricos con autonomía estendida que a partir de agora terán que facer as probas de emisións de gases.

"Terán que pasalo e en caso de ter unhas emisións superiores ao límite poderían ir tamén desfavorables", puntualiza Carmen.

Deixa de ser obrigatorio ter que levar o permiso de circulación do coche e matéñense en vigor as normas de prevención anticovid.

"Parte da inspección seguímola facendo en colaboración co conductor para miimizar o contacto entre os inspectores e o condutor", di a voceira do servizo de inspección.

É recomendable revisar a data límite para facer a ITV para non arriscarse a unha sanción que podería ir dos 200 aos 500 euros.

Noticias web

31/05/2021