CRTVG

Buscar

Cambian as etiquetaxes dos carburantes coa nova normativa europea

Publicado o 11/10/2018 21:45

Máis desprazamentos por estrada e máis caros porque, coincidindo coa ponte, esta semana, volveron subir xa os prezos dos carburantes.
A gasolina chega a ir a máis de 1.35 euros e o gasóleo a máis de 1.27 euros o litro. Falamos, nos dous casos, dos prezo máis caros dende aquela marca máxima de hai catro anos.

Así, segundo o Boletín Petroleoiro da UE, encher un depósito medio de 55 litros dun coche de gasolina, cústanos para esta ponte 74.3 euros, e uns 70 se é diesel, de gasóleo. Supón un incremento no preto dun 8 e dun 9 por cento con respecto ao que pagabamos nas mesmas datas do ano pasado. Pero dende comezos deste ano ata agora, o prezo da gasolina subiu en España xa un 8.8 por cento e o gasóleo un 11 por cento. Mañá mesmo, lembren, festivo do Pilar, en España e en boa parte do resto de Europa entra en funcionamento o novo sistema, único e harmonizado, de etiquetaxe dos combustibles que axudará aos condutores a identificar o carburante máis axeitado para o seu vehículo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018