Cambados pasa dende hoxe a nivel máximo de restricións
O rápido crecemento do número de contaxios das últimas semanas provocou que Cambados ascendera ao nivel máximo de restricións. O contacto entre familiares e amigos, algunhas celebracións e a intensa actividade do sector mariñeiro fixeron que os casos activos se dispararan. Nos últimos 7 días confirmáronse 32 novos positivos. Por iso, o municipio queda pechado perimetralmente, a hostalaría só poder ofrecer o servizo para levar e quedan prohibidas as reunións entre non conviventes. Novas medidas que fan volver atrás os cambadenses.
Cambados non poderá recibir turistas durante esta ponte festiva, algo que se fará notar, pero os veciños da zona asúmeno con resignación e agardando que a situación mellore o antes posible.
Os últimos datos do Sergas apuntan a unha lixeira freada no número de contaxios, tras varias semanas de crecemento. Para controlar a situación estanse a realizar probas PCR entre o sector do mar. Tamén foron chamadas 1.200 persoas con idades comprendidas entre os 30 e 39 anos.