Cambados mellora, pero a un ritmo lento
Publicado o 24/05/2021 15:15
Dende o sábado pola mañá os cambadeses son un pouco máis libres, e nótase. A praza de Alfredo Brañas ofrece hoxe outro ambiente.
A xente estaba contenta, necesitaba recuperar certas rutinas sociais, como poder quedar para tomar un café.
En Cambados teñen hoxe 34 casos activos, polo que a súa incidencia vaise achegando á barreira dos 250 casos por cen mil, o que lles permitiría rebaixar un chisco máis as súas restricións. Na praza de Fefiñáns atopamos os primeiros turistas. Descoñecían que o concello estivera pechado.