CRTVG

Buscar

Camariñas, Malpica e Soutomaior, no nivel medio de restricións a partir do sábado

Publicado o 15/06/2021 21:17

• Abandonan estas limitacións Oroso, Xove, Viveiro e Mos

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid−19 acordou na súa xuntanza desta tarde o nivel medio de restricións para os concellos de Camariñas, Malpica de Bergantiños e Soutomaior.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

O comité reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 19 de xuño.

Noticias web

15/06/2021