CRTVG

Buscar

Camariñas celebra o día do Carme coa Danza de Arcos

Publicado o 16/07/2019 14:59

A Costa da Morte é outro dos lugares en que se vive con fervor este día do Carme, que honra á patroa dos mariñeiros. Na localidade de Camariñas destaca a tradicional Danza de Arcos. Un baile secular que, segundo explica Manuel Ajeitos, un dos danzantes, naceu en Cariño e trasladouse a outras vilas mariñeiras a comezos do século pasado.

É tradición nesta vila a procesión marítima coas embarcacións engalanadas especialmente para a ocasión. As festas patronais prolongaranse en Camariñas ata o 20 de xullo.

A presidenta da Asociación Virxe do Carme de Camariñas explica que o Carme é a festa grande de Camariñas. 

É só unha das numerosas celebracións que teñen lugar ao longo de todo o territorio galego con motivo do Día do Carme. Celebracións en que se mesturan a devoción relixiosa cos actos máis lúdicos e festivos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019