CRTVG

Buscar

Calvo presenta o seu novo atuneiro, un buque de última xeración

Publicado o 28/04/2021 15:34
Calvo presenta o seu novo atuneiro, un buque de última xeración

A conselleira do Mar visitou o novo buque atuneiro do grupo Calvo. O Monteraiola é un pesqueiro de última xeración construído no estaleiro vigués Freire. Ten 77 metros de eslora e unha capacidade de carga de 1.500 metros cúbicos.

Será un dos sete atuneiros de Calvo especializados na pesca de atún tropical mediante a técnica de cerco. A multinacional carballesa ten unha frota de doce buques.