CRTVG

Buscar

O Goberno buscará a última prórroga do estado de alarma, pero prepara un decreto

Publicado o 26/05/2020 21:49

O Goberno quere pedir unha prórroga máis do estado de alarma, a derradeira. Pero só o fará se ten garantizados os apoios necesarios. Anunciouno Carmen Calvo na súa comparecencia que foi a primeira da Comisión de Reconstrución do Congreso. A vicepresidenta do Goberno tamén instou a cambiar a lexislación sanitaria, sen recentralizar,  para facer fronte a futuras alertas sanitarias.

Ademais de facer propostas para saír da crise derivada da pandemia, varios partidos da oposición criticáronlle a Calvo a xestión do Goberno. A vicepresidenta reclamoulle á comisión vontade para chegar á acordos. A vicepresidenta avanzou que o Executivo ten unha alternativa se a nova prórroga non prospera.

"O Goberno sopesa neste momento, se ten maioría para facelo, a derradeira prórroga do estado de alarma que nos permita terminar o que denominamos desescalada. O Goberno si ten un plan alternativo se as súas señorías consideran que non podemos ter eses últimos quince días de alarma", asegura Carmen Calvo, vicepresidenta primeira do Goberno.

Noticias web

26/05/2020