CRTVG

Buscar

Calvo: "A posibilidade dunha coalición con Podemos está 'cegada'"

Publicado o 30/07/2019 11:31
Calvo: "A posibilidade dunha coalición con Podemos está 'cegada'"

A vicepresidenta en funcións, Carmen Calvo, asegurou que a posibilidade de concretar un goberno de coalición con Unidas Podemos "está cegada" e que o PSOE para ter "estabilidade" parlamentaria deberá falar "con partidos que están moi lonxe" da formación morada.

En declaracións a Radio Nacional, Calvo sinalou que a vía para formar goberno, "terá que transitar por apoios e acordos de programas" e que sen haber unha coalición hai "outras posibilidades" con fórmulas "moi ensaiadas".

Ao preguntarlle sobre se se volverá intentar unha negociación con Unidas Podemos para un Executivo de coalición, respondeu que "esa posibilidade está cegada" porque a proposta que fixo o PSOE "era bastante viable e boa" e atopáronse cun "non".

"Estamos abertos a negociar un programa", recalcou Calvo e considerou que "a fórmula de apoiar o Goberno con obxectivos concretos é unha boa fórmula".

Ademais, insistiu en que cos 42 escanos de Unidas Podemos "tampouco" está "garantida a estabilidade" parlamentaria e o PSOE terá que "falar con partidos que están moi lonxe" da formación morada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí