Calviño presidirá a Xunta de Gobernadores do BERD
Publicado o 08/05/2019 21:09

A ministra de Economía e Empresa en funcións, Nadia Calviño, foi elixida hoxe presidenta da Xunta de Gobernadores do Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento, un cargo compatible co seu labor no Goberno de España.
Calviño ocupará o cargo durante un ano e entre as tarefas pendente figura o nomeamento do presidente do banco, que naceu en 1991 para apoiar a transición dos países do leste de Europa á economía de mercado.