CRTVG

Buscar

Calviño limita os cambios na reforma laboral aos aspectos máis lesivos para os traballadores

Publicado o 16/01/2020 13:41

Un dos compromisos do novo Goberno é derrogar a reforma laboral do PP. A ministra de Traballo explicou que se fará en dúas fases e a de Economía limitou os cambios aos aspectos que consideran máis lesivos para os traballadores. E, nun foro ante investidores internacionais, defendeu combinar medidas sociais con disciplina fiscal.

Nadia Calviño, ministra de Asuntos Económicos: "España pode demostrar que cunha política económica responsable, realista, coherente e moderada, con responsabilidade fiscal e sensibilidade social, cunha axenda de reformas estruturais como a que propón este Goberno, pódese facer que 2+2 sumen moito máis que 4".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020