CRTVG

Buscar

Calviño defende maximizar o valor da participación pública na fusión de Caixabank e Bankia

Publicado o 07/09/2020 20:53

A ministra de Asuntos Económicos di que no Banco Central Europeo e na Comisión Europea seguen de preto a fusión de Bankia e CaixaBank por ser un primeiro paso dentro dunha restruturación bancaria maior tanto en España como en Europa. Asegura Nadia Calviño que ela non vai presionar para que outras entidades de tamaño medio se fusionen.

"Nós non impulsamos ningún proceso. Nós tomaremos as decisións oportunas desde o punto de vista das nosas competencias atendendo sempre ao interese xeral que é o que fixemos desde o primeiro día que, neste caso, concrétase con maximizar o valor da participación do Estado dentro da entidade", di Nadia Calviño, ministra de Asuntos Económicos.

 

Noticias web

07/09/2020