CRTVG

Buscar

Calviño confía en que haxa un acordo sobre o SMI coa patronal

Publicado o 08/09/2021 16:47

O Goberno aínda confía nun acordo cos sindicatos e empresarios para a suba do salario mínimo. A vicepresidenta Nadia Calviño presiona os empresarios para que se sumen a un pacto, lembrándolles que nuns días serán eles os que pidan que se manteñan as bonificacións dos ERTE.

"Eu creo que os cidadáns non entenderían que desde o mundo empresarial non exista ningún tipo de sensibilidade coa necesidade de mellorar as condicións dos traballadores que teñen os salarios máis baixos. Sobre todo cando no mes de setembro temos que decidir que facemos cos ERTE e coa prestación dos autónomos", dixo a vicepresidente primeira do Goberno. 

Noticias web

08/09/2021