CRTVG

Buscar

Calviño calcula que a economía medre "por enriba do 10%" no terceiro trimestre

Publicado o 31/08/2020 11:54

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, indicou que se agarda un crecemento da economía española "por riba do 10 %" no terceiro trimestre do ano, á vez que destacou a recuperación do emprego este verán.

Durante a súa intervención nun curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Calviño avanzou que, malia que o derradeiro día de agosto adoita ser malo para o emprego, espérase que a afiliación medre de novo. Entre xullo e agosto, sumáronse "case 333.000 afiliados" no réxime xeral e preto de 19.000 no de autónomos, segundo a ministra. Para coñecer os datos de emprego de agosto haberá que agardar ata o vindeiro 2 de setembro. 

Calviño advertiu de que a recuperación non se está dando coa mesma intensidade en todos os sectores nin territorios, senón que é "asimétrica", pero que, no seu conxunto, "evoluciona coas previsións do Goberno" e dependerá de como se controlen os rebrotes no que queda de ano.