CRTVG

Buscar

Calviño anuncia que as familias poderán pedir moratorias de hipotecas ata o 31 de marzo

Publicado o 18/01/2021 19:34
Calviño anuncia que as familias poderán pedir moratorias de hipotecas ata o 31 de marzo

A ministra de Economía anunciaba a extensión ata finais de marzo das moratorias no pago de hipotecas ou créditos ao consumo.

Poderán acollerse a elas as persoas que perdesen o emprego ou sufrisen unha perda significativa dos seus ingresos a causa do coronavirus. Poden solicitar 3 meses de suspensión no pago das cotas. Ata o momento, 600.000 familias se beneficiaron desta medida.

Noticias web

18/01/2021