CRTVG

Buscar

Calviño admite que tratou con Sánchez a súa candidatura para presidir o FMI

Publicado o 17/07/2019 14:42

A ministra de Economía en funcións, a galega Nadia Calviño, admitiu hoxe nunha entrevista que falou con Pedro Sánchez sobre a súa posible candidatura á presidencia do Fondo Monetario Internacional. Christine Lagarde acaba de deixar o posto vacante para facerse cargo do Banco Central Europeo.

A titular de economía española recoñece que trataron o tema, pero pide cautela.

"O presidente, por suposto, apoiaría calquera ministro que puidese ter posibilidade dun cargo así de importante. Pero neste momento estase iniciando un proceso, e non creo que haxa que especular", dixo á Cadena Ser.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019