CRTVG

Buscar

Calviño acusa o PP de xerar medo; os populares din que o Goberno espanta investidores

Publicado o 22/09/2021 11:01

A situación económica tensa a sesión de control ao Goberno, en que, por certo, non estaban nin o presidente do executivo nin o líder da oposición. Dura tirapuxa entre Nadia Calviño e Cuca Gamarra.

A voceira do PP cuestionou o papel da vicepresidenta Nadia Calviño como coordinadora da área de económica do Goberno e díxolle que é "continuamente desautorizada, corrixida e relegada pola ala populista" del Executivo, en referencia a Unidas Podemos. Cuca Gamarra acusa o Goberno de facer da inseguridade xurídca e da incerteza a base da súa xestón, de espantar os investimentos e a creación do emprego e de recurtar dereitos dos cidadáns.

Nadia Calviño dixo que no PP "levan tres anos intentando atacarnos co mesmo tipo de argumentos que non se sosteñen", e pedíulle ao PP "que canto antes cambien" a súa "actitude negativa" e "axuden é recuperación, pensando no benestar dos españois".  

Noticias web

22/09/2021