CRTVG

Buscar

Calor en Ourense: mañá baixan as temperaturas

Publicado o 21/05/2020 14:55

Ourense segue a 30 graos na capital e ata 31 en concellos como Oímbra ou O Barco do Valdeorras. Segundo as previsións meteorolóxicas, mañá chega unha fronte que, aínda que vai ser pouco activa, baixará máximas e mínimas en toda Galicia, tamén no interior. Ourense non pasará dos 28 graos, unha pequena tregua, xa que para o domingo anuncian de novo 31 graos.

Esta mañá non todos acusaban a calor do mesmo xeito.
"Veu moi cedo, e outros anos podiamos ir refrescarnos ao río ou ás termas, pero agora hai que estar na casiña"
"Demasiado, e para a xente maior e pechada na casa, custa"
"En Ourense estamos afeitos, no verán aquí vai moitisima calor, non temos problema ningún", din algúns veciños.

No costa subiu lixeiramente a temperatura con respecto a onte, e por exemplo en Ferrol están a 26 graos e a 25 en Pontevedra. A situación, con nubes altas, seguirá así ata última hora da tarde, cando se espera que entren nubes que van deixar descenso térmico xeneralizado en toda Galicia e orballos mañá pola mañá. O sábado volve o anticiclón.

Noticias web

21/05/2020