CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Calor abafante na provincia de Ourense, con máximas de 38 graos

Publicado o 12/09/2018 15:12

12 de setembro, e en Ourense seguen a 35 graos. A de onte foi unha xornada calorosa en toda a provincia, con temperaturas altas para esta época do ano e hoxe segue a calor. O verán resístese a marchar e aquí na cidade superaron onte os 35 graos.

Mediados de setembro e o sol quenta con forza. Moitos aproveitan para seguir bronceándose e agradecen que se alongue a calor e bo tempo de verán. Pero tamén hai xente que xa preferiría temperaturas máis suaves. Calor en toda a provincia de Ourense, por riba dos 30 graos. A Arnoia marcou onte de novo a máxima de Galicia con 38,5 graos, e en toda a conca do Miño agárdase hoxe unha xornada de setembro calorosa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí