CRTVG

Buscar

Calor abafante na provincia de Ourense, con temperaturas de ata 38 graos

Publicado o 12/09/2018 14:02

12 de setembro, e en Ourense seguen a 35 graos. Quedan poucos días para que remate o verán, pero en toda a conca do Miño o sol resístese a deixar de quentar. A de onte foi unha xornada calorosa en toda a provincia, con temperaturas altas para esta época do ano. Na Arnoia, na comarca do Ribeiro, o termómetro superou os 38 graos, e volveu ser unha vez máis a máxima do país. E hoxe de novo vai ir calor.

Refresca pola mañá en Ourense, pero ao mediodía o sol comeza a quentar xa con forza. O verán resístese a marchar e aquí na cidade superaron onte os 35 graos. 
Moitos agradecen que se alongue a calor e o bo tempo de verán. 
Pero tamén hai xente que xa preferiría temperaturas máis suaves.  
Calor en toda a provincia de Ourense, por riba dos 30 graos. A Arnoia marcou onte de novo a máxima de Galicia con 38,5 graos, e en toda a conca do Miño agárdase hoxe unha xornada de setembro calorosa

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018