CRTVG

Buscar

Calma tensa na Mariña tras o primeiro día de mobilizacións polo futuro de Alcoa

Publicado o 30/05/2020 15:18

Calma tensa na Mariña tras o primeiro día de mobilizacións contra o despedimento de máis de 500 traballadores da fábrica de Alcoa San Cibrao. Os afectados xa anunciaron que haberá novos actos de protesta ante unha decisión que consideran a ruína de toda a comarca. 

Os traballadores esíxenlle ao Goberno que retome o máis axiña posible o estatuto electrointensivo ante a situación que se vive nestes momentos na planta da Mariña. 

 A compañía tería que devolver uns 38 millóns de euros en axudas se leva adiante os despedimentos anunciados. Esas axudas concedéronse coa condición de manter o emprego.

 Os traballadores son partidarios da intervención da planta por parte do Estado. Aseguran que van facer ruído e que se van mobilizar polo futuro dos seus postos de traballo.