CRTVG

Buscar

Caligramas de Uxío Novoneyra nunha colección de roupa de Zara

Publicado o 22/07/2020 21:47


"Bailas e fasme libre", o caligrama que cose este gorro de Zara escribiuse para o bailarín Antonio Gades. Hoxe véndese en todo o mundo e dorme no Courel onde, de estar vivo, o gran poeta Uxío Novoneyra faría 90 anos. Alí nos encontramos coa súa obra e agora tamén cos versos pintados en camisolas. Coa súa poesía, se cadra aínda máis universalizada.
No Courel, lonxe do lonxe, na súa mellor versión de Galicia, Novoneyra enche paredes, pedra e conversas. Entre os orixinais, "Andas as rúas como se fora praia", dedicado á súa muller. Agora tamén en caligramáticas pezas de roupa.
"Din os soños e os paxaros: a morte non é certo". Tan visionario como lírico, nestes tempos de pandemia, o verso esperanzador do poeta voa da lapela da sobrecamisa e pousa nunha das camisolas.
Homenaxe, patria e fachenda coas que Novoneyra vestirá mozos de todo o mundo.

Noticias web

22/07/2020