Cales son os concellos galegos con máis vacas por habitante?

Galicia é unha das comunidades autónomas onde máis vacas hai. En concreto, hai 531.004 vacas para 2.701.819 habitantes, o que dá unha proporción de 0,19 vacas por galego.
Pero, cales son os concellos onde máis gando bovino se agrupa?
O primeiro é o municipio lugués de Muras, onde hai máis de 5 vacas por habitante. O número total é de 3.285 vacas e 642 persoas censadas no concello.
Ségueo de cerca o concello da Pastoriza, que posúe 4,9 vacas por habitante; xa que hai 14.856 vacas e ten censados 3.002 habitantes.
Tanto Muras como A Pastoriza son concellos de Lugo, polo que esta é a provincia con máis gando vacún.
O terceiro concello con máis vacas é Montederramo, en Ourense, cunha proporción de 4,5 vacas por habitante. En total, hai 3.211 vacas e 711 habitantes censados.
Na seguinte táboa mostramos o top 10 dos concellos con máis vacas por habitante en Galicia.
Pola contra, a provincia de Pontevedra é a que conta con menos vacas por habitante. Con todo, o municipio galego con máis reses é Lalín, cun total de 14.974.
En canto ás cidades, a que ten máis vacas é Lugo (9.631), aínda que a proporción é de 0,1 vacas por habitante, xa que hai 98.276 persoas censadas.
Na seguinte táboa mostramos o top 10 dos concellos con máis vacas en Galicia.
Estes son os concellos con máis vacas por habitante. Cantas vacas ten o teu? #MenosDunMinuto https://t.co/PW3lsUwjS2 pic.twitter.com/uAX8Ky0XRF
— G24 (@G24Noticias) September 21, 2021