CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Calendario solidario no Álvaro Cunqueiro

Publicado o 15/11/2017 15:26

Estamos a mediados de novembro e xa é tempo de ir adquirindo calendarios. Hoxe presentouse no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o calendario solidario Amencer, ideado polo persoal do centro. Custa 10 euros e a recadación vai beneficiar o labor de apoio da Asociación Bicos de Papel e de ASOTRAME, a Asociación de Transplantados de Médula Ósea de Galicia.

Un ano de conto. Cada mes está representado por unha profesional de urxencias e ambientado nalgún recoñecido conto infantil.

A implicación do persoal do hospital Álvaro Cunqueiro é total cos cativos que sofren cancro, agora hai uns trinta ingresados. Facer máis doada a súa estadía e a súa recuperación é o obxectivo da Asociación Bicos de Papel.

Outra beneficiada será a Asociación de Transplantados de Medula de Galicia. Estas traballadoras do hospital empregaron o seu tempo libre e a súa ilusión en acompañar aínda máis todos os cativos e pais que se ven na obriga de pasar moitos meses aquí, fóra das súas casas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí