CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Calendario escolar para o vindeiro curso 2017-2018

Publicado o 04/09/2017 21:26


A chegada do mes de setembro supón o regreso ás aulas para máis de oito millóns de estudantes de toda España. Navarra é a primeira comunidade en estrear curso, que comezou hoxe mesmo para o alumnado de infantil e primaria. En Galicia a volta á escola chegará nunha semana.

Non hai cifras aínda definitivas, pero a Consellería de Educación estima que máis de 195.000 alumnas e alumnos vivirán esta escena o vindeiro luns, 11 de setembro.

Esa é a data de comezo de curso para o alumnado galego das etapas de infantil e primaria. Catro días despois incorpóranse ao curso lectivo os estudantes do ensino secundario, bacharelato, FP e as ensinanzas de réxime especial.
O venres 22 de decembro de 2017 será o primeiro día das vacacións de Nadal. O regreso ás aulas tras o paso de ano producirase o luns 8 de xaneiro de 2018.
Ao mes seguinte, as festas do Entroido traerán un novo descanso, luns 12, martes 13 e mércores 14 de febreiro serán xornadas non lectivas.
O ano que vén o descanso da Semana Santa iniciarase o venres 23 de marzo e durará algo máis dunha semana, as clases retomaranse o martes 3 de abril.
O curso 2017-2018 rematará en todas as etapas o xoves 21 de xuño.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

04/09/2017