CRTVG

Buscar

Calcúlase que o pico de contaxios en Galicia chegará a primeiros de abril

Publicado o 12/03/2020 11:09

Neste escenario, toda apunta a que o peor está por chegar. O Goberno falaba nas últimas horas de ata cinco meses. Hai modelos preditivos que xa apuntan a que o pico aquí en Galicia vai chegar a primeiros de abril. Así o asegura un estudo realizado por matemáticos da Universidade de Santiago.

"O noso estudo, segundo o modelo que xa realizamos co ébola ou o zika, e que adaptamos para o coronavirus. Para a nosa sorpresa, vimos que o pico da epidemia íase alcanzar logo de 30-35 días despois do primeiro contaxio, que na Coruña foi o luns da semana pasada", di Juan José Nieto, catedrático de Matemáticas da USC.

"Desa forma para nós o pico sería a primeiros de abril. Así notamos que coincidiría coas eleccións tanto en Galicia como en Euskadi. Por iso realizamos un informe que lle trasladamos ás autoridades", asegurou o profesor Nieto.

"O modelo tivemos que adaptalo a esta enfermidade, tendo en conta os datos que tiñamos da China, e cando se produciron os primeiros contaxios en España xa puidemos adaptar os parámatros de propagación e tivemos en conta cousas como a figura do superprogagador que é o dunha persoa capaz de conaxiar a moitas, que noutras epidemias non se dá, e xa cando se produciu o primeiro caso en Galicia fixemos a modelización con máis detalle", aclara este catedrático.

 

Noticias web

12/03/2020