CRTVG

Buscar

Calcúlase que hai máis dun millón de pozos ilegais en toda España

Publicado o 29/01/2019 09:12

E só 48 horas despois do rescate de Julen morre un home noutro pozo de Málaga. Ocorreu no municipio de Villanueva del Trabuco. A familia do home de 45 anos alertaba ao 112 da súa desaparición onte pola noite despois de que saíra pasear co seu can ao mediodía e non volvese á casa. O dispositivo de busca rematou preto das tres da madrugada, cando os axentes atoparon o corpo sen vida no interior dun pozo de tres metros de profundidade, cheo de auga. A investigación está aberta para determinar as causas do suceso.

O caso de Julen puxo sobre a mesa o problema dos pozos ilegais, escavacións que se fan sen permiso. Calcúlase que hai máis dun millón en toda España.



 

Noticias web

29/01/2019