Descobren que en xaneiro xa houbera hospitalizados en Galicia por covid-19
Os primeiros pacientes galegos comtaxiados de covid apareceron meses antes de que o laboratorio confirmara o primeiro caso no mes de marzo. Foi en xaneiro.
Expertos do Ministerio de Sanidade aplican un novo criterio para a serie histórica da pandemia, deste xeito adiántase a chegada da covid a Galicia. Agora xa non só se teñen en conta os casos confirmados en laboratorio, se non tamén aqueles que presentan un cadro clínico con moitas posibilidades de ser coronavirus.
O 1 de xaneiro houbo unha persoa ingresada coa covid nun hospital galego e calculan que nese primeiro mes do ano foron 30 as persoas hospitalizadas por coronavirus, unha delas na unidade de coidados intensivos. Adiántase deste xeito a chegada da pandemia a Galicia e non se descarta que puidese haber algún caso a finais do ano pasado.