CRTVG

Buscar

Calcinada unha vivenda no barrio coruñés dos Castros

Publicado o 08/03/2021 12:45
Calcinada unha vivenda no barrio coruñés dos Castros

O lume declarouse sobre as 9 e media desta mañá, por causas que aínda se descoñecen, nun piso do quinto andar dun edificio da rúa José Luis Cereijo habitado por un matrimonio de avanzada idade.

As lapas fixeron estoupar unha das ventás pero non se rexistraron feridos entre os residentes, que desaloxaron o inmoble polo seu propio pé. Todos salvo unha muller en cadeira de rodas, que tivo que ser baixada a pulso polos veciños.

Ata catro dotacións de bombeiros e varias unidades policiais foron desprazadas ao lugar.

 

Noticias web

08/03/2021