CRTVG

Buscar

Cal será a Palabra do Ano 2019? Xa se poden enviar as propostas

Publicado o 03/12/2019 13:46

O Portal das Palabras xa está a buscar a palabra deste 2019. No 2014 o público escolleu a palabra corrupción, refuxiado no 2015, irmandade no 2016, afouteza no 2017 e deseucaliptización no 2018.

A escolla consta dun proceso colectivo de tres fases: na primeira fase recolleranse todas as propostas e o prazo rematará o domingo 15 de decembro ás 23:59. Podes enviar varias se non te decides.

A segunda fase comeza o luns 16 de decembro e nela elixiranse as palabras máis repetidas ou algunha que represente unha temática compartida por distintos participantes. Poderase votar por esas palabras finalistas ata o mércores 25 de decembro ás 23:59 horas.

A última fase consiste no reconto de votos e o venres 27 de decembro o Portal das Palabras desvelará cal é a Palabra do Ano 2019.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí