CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Caixabank reúne esta tarde o seu consello de administración para estudar cambio de sede

Publicado o 06/10/2017 14:41

Un decreto aprobado xa polo Goberno, que facilita o camiño e protexe os intereses de empresas tan importantes como Caixabank, que xa esta tarde reúne o seu consello de administración para estudar cambio de sede, previsiblemente ás Baleares.

CaixaBank podería seguir os pasos do Sabadell, que onte acordou o traslado a Alacante do seu domicilio social. A decisión de CaixaBank non é tan doada. Os seus estatutos recollen que son os accionistas os que teñen que aprobar o cambio. Pero o decreto do Goberno facilítalle o camiño da marcha.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí