CRTVG

Buscar

Bos días

Caixabank estuda se sumarse ao Sabadell no traslado da súa sede social fóra de Cataluña

Publicado o 06/10/2017 09:24

O Consello de Caixabank reúnese, en convocatoria extaordinaria, para estudar un posible cambio de sede. Sería así a segunda entidade bancaria en abandonar Cataluña polo temor a unha declaración unilateral de independencia.

O máximo órgano de goberno da entidade informou de que estuda esta alternativa polo clima de tensión xerado en Cataluña e anticipando unha posible declaración unilateral de independencia da Generalitat. Ademais, o Goberno central prepara un decreto que facilitaría a saída de empresas de Cataluña, unha decisión que xa adoptou onte á tarde o Banco de Sabadell. Traslada a súa sede social a Alacante ante a posibilidade de que nos próximos días o Parlamento de Cataluña declare a independencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017