CRTVG

Buscar

Caixabank e Bankia selan hoxe a súa fusión

Publicado o 17/09/2020 08:37

A fusión vai quedar pechada hoxe na reunión dos consellos de administración de Bankia e Caixabank. Unha reunión que se foi atrasando para chegar a ela cos deberes feitos e todos os números ben pechados.

O martes pola noite, a ministra de Economía Nadia Calviño e o presidente da fundación La Caixa Isidro Fainé pecharon os flocos que quedaban pendentes para poder convocar os membros dos dous consellos de administración.

Hoxe vaise definir o nome final da nova entidade, as porcentaxes de participación de cada unha das partes e a estructura do novo consello, no que haberá unha representación do Estado a través da participación do FROB en Bankia. A fusión creará o banco máis grande de España, con máis de 660.000 millóns de euros en activos, preto de 7.000 sucursais e máis de 51.000 empregados. No outro lado da balanza estarán as 1.500 oficinas que se prevé que pecharán en tres anos e os 8.000 empregados que terán que prexubilarse ou abandonar a entidade.

Noticias web

17/09/2020