CRTVG

Buscar

Caída sen vítimas mortais dun helicóptero da Armada mexicana

Publicado o 26/08/2021 09:53
Caída sen vítimas mortais dun helicóptero da Armada mexicana

Un helicóptero da Armada mexicana accidentouse nunha viaxe oficial para inspeccionar as zonas afectadas polo furacán Grace, concretamente na serra da Huasteca baixa. Un dos ocupantes do aparello era o secretario do Goberno de Veracruz, Éric Cisneros. Non sufriu ninguén lesións moi graves.

O helicóptero quedou inutilizado ao estragárselle a hélice e parte da fuselaxe cando o piloto trataba de pousalo nas proximidades dunha zona deportiva de Agua Blanca, no estado de Hidalgo. A fuselaxe do aparello tamén quedou moi danada.

 

Noticias web

26/08/2021