CRTVG

Buscar

Mal día para Jorge Prado, que competiu en Italia cunha fisura nunha vértebra

Publicado o 24/10/2021 19:21

Jorge Prado caeu o martes pasado adestrando en Italia. Daquela descartárase unha lesión grave pero ao persistir a dor realizáronlle probas que confirmaron a fisura nunha vértebra. Aínda así disputou a carreira.

Na primeira manga rematou na oitava posición do Gran Premio de Italia. Acadara o sétimo posto nos adestramentos oficiais e, logo dunha boa saída, rodou nos postos de cabeza varias voltas pero non puido manter o ritmo dos tres grandes dominadores do campionato, Herlings, Febvre e Gajser, acompañados por un sorprendente Seewer. Unha caída a pouco do final cando marchaba na quinta posición levouno ata o oitavo posto. 

Na segunda tivo peores sensacións, viuse involucrado nunha caída na saída e perdeu moitos postos. Caeu ata o 21º e remontou ata o 17º, pero perdeu todas as opcións de Mundial a falta de 4 probas.

Noticias web

24/10/2021