CRTVG

Buscar

Caetano Horta, campión de España de longa distancia júnior

Publicado o 08/02/2020 14:39
Caetano Horta, campión de España de longa distancia júnior

O remeiro do Club do Mar de Noia, Caetano Horta Pombo, proclamouse campión de España de longa distancia en categoría júnior masculino. Horta gañou cunha gran autoridade cun tempo de 20.14 e aventaxando en máis de medio minuto o segundo clasificado, Ander Balda que tivo unha fermosa loita con Aimar Astigarraga na pelexa pola prata. 

A de Horta non foi a única medalla para a delegación galega que levou un bronce en júnior feminino. Puido ser ouro o de Malena Barro Casanova, do Club de Remo San Felipe de Ferrol, pero unha sanción de 20 segundos impediu que rebaixase o tempo marcado por Maialen Mielgo. A remeira galega chegou a só 14 segundos da gañadora nunha final moi igualada. 

En categoría absoluta Rodrigo Conde quedou a un segundo de lograr a medalla de ouro. Foi logo dunha gran pelexa con Jorde Jofré e Manel Balastegui do Natació Banyoles ámbolos dous. Jofré acadou a vitoria con 19.27 e un segundo máis tarde chegou o moañés Rodrigo Conde, do Club Remo do Miño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2020