CRTVG

Buscar

Caetano Horta buscará o pase ás semifinais do dobre scull na repesca

Publicado o 24/07/2021 09:00
Caetano Horta buscará o pase ás semifinais do dobre scull na repesca

O dobre scull español, formado polo catalán Manel Balastegui e o galego Caetano Horta, buscará na repesca meterse nas semifinais. Nas series (entraban directamente os dous primeiros) foron os cuartos, lonxe dos rexistros marcados por Noruega e Bélxica, os dominadores da súa proba. 

Na repesca (mañá domingo ás 3:10 da mañá) parten con moitas posibilidades. Entran os tres primeiros e eles teñen o segundo mellor tempo. Só Polonia conseguiu rebaixar o seu tempo (6:38) e teñen lonxe os outros competidores (Uzbekistán, India, Venezuela e Alxeria).