CRTVG

Buscar

Caetano Horta, a semifinais do Mundial júnior de remo en Toquio

Publicado o 08/08/2019 21:27

En Toquio estase a celebrar estes días o Mundial júnior de remo. Alí, o noiés Caetano Horta chegou xa a semifinais, formando parella co vasco Koxme Burutarán en dobre scull.

A embarcación española dominou por completo a súa serie de repesca e sacoulle 7 segundos aos segundos clasificados, os húngaros.

Deste xeito, Horta e Burutarán entran entre os 12 mellores do mundo na súa categoría e competirán a partir do sábado por un sitio na gran final.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019