Caen un 80% as capturas de polbo
Publicado o 24/07/2020 21:11
Cada vez máis profesionais van deixando as nasas nos peiraos.
Nos primeiros 20 días de xullo do ano pasado pescáronse no conxunto de Galicia arredor de 200.000 quilos, e non era moito, e este ano malamente se colleran 25.000.
Pola tarde a Federación de conbfrarías de Ponetevedra reuniúse en Arcade para analizar a situación.
Sen precedentes, os profesionais non se atreven a dicir que está a pesar.Non fuxen da autocrítica pero desbotan que a causa da escaseza sexa que este ano houbo 15 días menos de veda.
Solicitan apoio científico e queren que as solucións miren o longo prazo.O xoves que vén está convocada unha reunión da comisión galega da nasa para falar deste problema.