Caen un 32% as vendas dos diésel en Galicia no mes de outubro
Publicado o 03/11/2018 15:52
Difícil atopar neste concesionario de Vigo máis de tres coches diésel no expositor.
O balance de outubro en Galicia é contundente. A venda de coches diésel caeu na nosa comunidade un 32%.
Nin as campañas que insisten en lembrar que os diésel do mercado son os menos contaminantes da historia, nin tampouco os grandes descontos de ata un 20% axudan a frear estas cifras.
A suba do imposto ao gasóleo en 2019 e a prohibición de que circulen nas grandes cidades están detrás destes datos que só en Galicia acumulan unha baixada do 17% este ano.