CRTVG

Buscar

Caen os desafiuzamentos por non pagar o alugueiro

Publicado o 07/10/2019 20:49

Baixan por primeira vez en dous anos os desafiuzamentos por non pagar o alugueiro. Entre abril e xuño caeron case un sete por cento, o que supón un pequeno alivio tras dous anos de escalada.

En Galicia sucedeu todo o contrario. O aumento foi de case o 90 por cento, pasaron de 346 a 657. Deles a maioría foron por non pagar o alugueiro.

Desde o Tribunal Superior de Xustiza explican que no aumento puido influír a folga de funcionarios que houbo en 2018.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019