CRTVG

Buscar

Caen os contaxios e as hospitalizacións, pero non a presión nas UCI

Publicado o 10/02/2021 14:49

A situación epidemiolóxica mellora nas 7 grandes cidades galegas e en xeral en toda a comunidade.

Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública, di que hai "unha diminución do número de casos; melloría da incidencia acumulada a 14 e a 7 días; e tamén unha melloría do índice reprodutivo básico".

Os contaxios caen a máis velocidade e todas as áreas sanitarias teñen unha incidencia a 7 días por baixo dos 305 casos.

"Destacando Lugo e Vigo, en valores moi baixos, pero A Coruña e Ferrol neses niveis altos", asegura Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

Por iso, os expertos advirten que aínda estamos lonxe do obxectivo para falar dunha situación de descenso real.

E é que constatan unha caída no número de contaxios e tamén nos ingresos hospitalarios. Pero os falecidos superan os 2.000 dende o inicio da pandemia, e a situación nas únidades de críticos, con 240 persoas en UCI, é preocupante, como asegura o médico Tato Vázquez Lima, membro do comité clínico.

De feito, cinco das sete unidades de críticos dos hospitais galegos están na fase 3 do plan de continxencia.

Noticias web

10/02/2021