CRTVG

Buscar

Caen os beneficios das empresas españolas e as hipotecas en setembro

Publicado o 29/11/2019 15:17
Caen os beneficios das empresas españolas e as hipotecas en setembro

Caen os beneficios das empresas españolas. Constátao o Banco de España. A caída do beneficio ata setembro é do 44,5%. Hai tamén unha desaceleración na creación de postos de traballo e na rendibilidade das empresas non financeiras.

E outro dato económico. Setembro foi o peor mes para as hipotecas en cinco anos. Afundíronse. Caeron o 31%. É a cifra máis baixa nun mes de setembro desde 2014. A sinatura de créditos hipotecarios encadea dous meses consecutivos de descensos. O importe medio das hipotecas sobe mentres o capital que prestan os bancos baixa.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019